Emsac Producciones
DIRECCIÓN
San Antonio, 25
Barro - Pontevedra
T.649448044
T.986 711 500
Persona Cont.
Emilio Sacarrera

Producións Emsac s.l. dedicámonos á montaxe, deseño de iluminación para concertos, sonorización en directo, aluguer de material de ilumiación, montaxe de escenarios, bancadas e carpas, e en xeral calquera solución de carácter intergral en materia de eventos, concertos en directo, festivais, xiras, feiras, convencións.

Producións Emsac s.l. nace como empresa dedicada a dar unha solución integral aos eventos en directo, dende o deseño e montaxe de iluminación e son ata a montaxe de estruturas metálicas para concertos e eventos deportivos, pasando por carpas para feiras e eventos.A pesar de nacer, en Galicia, a nosa empresa ten ámbito nacional (incluíndo unha delegación en Las Palmas de Gran Canaria) o que nos permitiu participar nalgúns dos máis importante eventos do mundo do espectáculo e eventos deportivos de situados en España e Norte de Portugal. Por exemplo, Concurso Internacional Hípico de Saltos de Vigo e Porto, Campionato do Mundo de Hóckey a Patíns 2009, xira de Fito e Fitipaldis de 2006-07, Electric Festival Getafe 2007...o que proxectou a nosa empresa a ser punteira no ámbito de montaxes para o mundo do espectáculo e eventos deportivos en xeral.

Á súa vez contamos cun grupo de empresas e profesionais que colaboran connosco, para lograr satisfacer calquera necesidade que o cliente necesite: Eventos do III Milenio s.l. como empresa asociada dedicada á produción de eventos e contratación de artistas, así mesmo dedicada á montaxe de carpas, acondicionamento de recintos para feiras e convencións.

Doutra banda o noso material de primeiras marcas: Meyer, Martin, Clay Paky, Varilite, Avolites, Eastern Acoustic, Stage Accompany, Shure, Yamaha, Digidesing.... En materia de iluminación e son e Layher, Thomas, Prolyte, Tomcat, Chainmaster, Verlinde... En materia de estruturas e motores. Xunto cun grande equipo de profesionais, fan da nosa empresa unha referencia na produción e montaxe de eventos para o mundo do espectáculo e deportivas tanto en Galicia coma no resto de España.

Esta confianza queda demostrada polo gran número de empresas e institucións públicas que teñen confiando nos nosos servizos nestes últimos 17 anos: Mapfre s.a., Hipigal, Raio Televisión de Galicia, Concello de Pontevedra, Caixanova, Cadea 100...