ESMULI PRO RENT
DIRECCIÓN
Arcos da Condesa, s/n
Caldas de Reis - Pontevedra
T.607279501
T.986 530 873
Persona Cont.
Daniel Aragunde Castro

ESMULI PRO RENT é unha xoven empresa no sector do entretemento en Galicia.
Afincada en Caldas de Reis, Pontevedra, Esmuli Pro Rent leva prestando os seus servizos no mercado nacional dende o ano 2004.
Dedicada ó aluguer de equipos audiovisuais para pequenos e grandes eventos; asi como a xestión e producción técnica dos mesmos. Cunha maior presencia en espectáculos de tipo musical, está tamén moi presente en campos como a televisión, teatro, e outros eventos corporativos.
Todas as produccións que realiza Esmuli Pro Rent lévanse a cabo con epuipamentos de seu; xa sexan de tipo material como persoal. Isto fai que poida ofertar unha maior calidade no servizo e un trato personalizado cara os seus clientes.
Esmuli Pro Rent cubre toda-las necesidades técnicas á hora de realizar un evento.
• Escenarios: Tanto de tipo convencional como mobiles, asi coma cubertas.
• Iluminación: sempre coas últimas novidades no sector.
• Son: dende equipos para pequenos eventos ata a sonorización de grandes festivais.
• Vídeo: todo o preciso en proxección de vídeo e pantallas de LED.
Do mesmo xeito, Esmuli Pro Rent conta coas súas propias instalacións, nas que é posible preparar con anterioridade calquera producción. Tamén ten a súa propia frota de transportes, o que axuda moito á hora de axiliza-los desprazamentos.
Por enriba de todo isto, unha das maiores virtudes da empresa é o seu xoven plantel. A media de idade ronda os 30 anos, e máis da metade dos empregados leva traballando aquí dende o primeiro día.
Todos os traballadores son técnicos profesionais, cunha grande preparación e unha longa experiencia, que teñen moi en conta os derradeiros avances no seu campo e no sector.
Todo isto fai de Esmuli Pro Rent unha opción moi a ter en conta á hora de contratar os servizos dunha empresa con moitas gañas e un nivel máximo de implicación nos seus traballos.