Que e agase

A Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos é unha asociación de carácter profesional, autónoma e independente, integrada por empresas e empresarios individuais, que bota a andar no ano 2005. Realizamos actividades de deseño, xestión,  montaxe e servizos técnicos  de equipos de iluminación, son e imaxe, congresos; produción de eventos de carácter cultural e de entretemento; e, en xeral todas aquelas actividades preparatorias, amais de precisas, para execución de tales eventos. Na actualidade está integrada por trinta empresas, as máis relevantes do sector. Todas elas utilizan recursos tecnolóxicos de primeira liña, así como persoal técnico altamente cualificado.

Obxectivos principais 

  • A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais,  profesionais e culturais dos seus afiliados.
  •  Fomentar a solidariedade dos empresarios afiliados, promovendo e creando servicios comúns de natureza asistencial.
  • Programar as accións necesarias para conseguir melloras sociais e económicas dos seus afiliados.
  • Organizar un constante labor formativo e de promoción cultural dos seus asociados.
  • Fomentar e levar a cabo as accións necesarias para a prevención de riscos laborais.

 

Agase formou parte da comisión de negociación empresarial do I CONVENIO COLECTIVO DE EVENTOS, SERVIZOS E PRODUCIÓNS CULTURAIS, pódese dicir, con orgullo, que somos pioneiros en establecer un marco xurídico nas relacións laborais entre empresarios e traballadores, un fito tanto a nivel autonómico como estatal.