CONTRATAR UN SOCIO AGASE É UNHA GARANTÍA.
No momento de contratar calquera tipo de empresa todos buscamos as maiores garantías e o mellor servizo.
A contratación dun servizo profesional para o desenvolvemento de tarefas técnicas, a montaxe ou organización dun congreso ou dun concerto, ou calquera tipo de evento en xeral debe ser realizado por profesionais e empresas cualificados e respaldadas por unhas garantías de profesionalidade.
As distintas administracións públicas e clientes solicitan ás empresas unha serie de documentación para comprobar que cumplen con todos os requisitos legais para o correcto desenvolvemento dun proxecto. Todos os socios AGASE son empresas solventes quen cumplen escrupulosamente con toda a normativa vixente exigida para o desempeño da súa actividade.
As empresas que son socias de AGASE cumpren os requisitos que a lei obriga:
- Estar ao corrente nos pagamentos á Seguridade Social e á Facenda Pública.
- Plan de riscos laborais tal como esixe a lei.
- Certificacións e homologacións dos seus equipos técnicos e das instalación que realice.
- Subscrición dunha póliza de responsabilidade civil.

